MESAS
Nas actividades de cafeterías, cafés e bares, restaurantes, chocolaterías, xeaderías e orchaterías (epígrafes 671.4; 671.5; 672.1, 2 e 3; 673.1; 673.2; 676 do IAE), a unidade "mesa" entenderase referida á susceptible de ser ocupada por catro persoas.
As mesas de capacidade superior ou inferior aumentarán ou reducirán a contía do módulo aplicable na proporción correspondente.
Forma de cubrir
Na ventá de desagregación indicarase:
- Capacidade: número de ocupantes que permiten as mesas.
- Mesas: número de mesas utilizadas coa capacidade reflectida no recadro anterior.
- Número de días: días que estiveron instaladas as mesas.