Mediante esta opción desprégase un submenú que posibilita a realización de actividades relacionadas coa visualización das declaracións.
Barra de ferramentas
Se se ten marcada esta opción de menú, presentarase, inmediatamente por debaixo do menú do sistema, un conxunto de iconas que representan as opcións de uso máis frecuente do menú e facilitan a súa execución.
Aumentar fonte
Esta opción permite facer máis grande o tamaño da letra, mellorando así a visualización dos paneis.
Diminuír fonte
Esta opción permite facer máis pequeno o tamaño da letra.
Descrición
Permite crear e/ou modificar unha nota descritiva da declaración actual.
Datos persoais
Presenta unha ventá con distintas pestanas nas que deberá cubrir os seus datos persoais (estado civil, ano de nacemento, comunidade autónoma de residencia habitual etc.) e os datos correspondentes a ascendentes, descendentes e discapacitados que orixinen dereito ao mínimo por descendentes ou outras reducións da base.
Resumo de resultados
Presenta unha ventá onde se visualiza a cota resultante da/s declaración/s de acordo cos datos introducidos.
Mostrar apartados da declaración
Utilice esta opción para cubrir máis facilmente a declaración. Trátase dunha árbore con todos os contidos do modelo (se se elixe a opción "por lista") ou ben unha visualización das páxinas que conteñen os distintos apartados que compoñen a declaración (se se elixe a opción "por páxinas").
Esta función serve para acceder directamente a cada un dos apartados sen ter que navegar por todas as páxinas da declaración. Tamén lle indicará, en calquera momento, mentres estea cubrindo unha declaración, en que apartado se encontra.
Datos fiscais e persoais incorporados
Se utilizou o asistente de incorporación de datos fiscais e persoais, poderá, mediante esta opción, consultar as listas cos conceptos trasladados.
Datos fiscais e persoais non incorporados
Se utilizou o asistente de incorporación de datos fiscais e persoais, poderá, mediante esta opción, consultar as listas cos conceptos NON trasladados.
Ir á páxina
Primeiro
Presenta o primeiro panel da declaración en curso.
Anterior
Presenta, se é o caso, o panel anterior da declaración seleccionada.
Seguinte
Presenta, se é o caso, o seguinte panel da declaración seleccionada.
Último
Presenta o último panel da declaración seleccionada.