PROGRAMA > MANEXO DO PROGRAMA > OPCIÓNS DO MENÚ

 Menú Modalidade

A selección desta opción desprega un submenú que posibilita a selección dos distintos membros de cada unidade familiar.

Utilice esta opción para seleccionar a declaración que desexe cubrir, consultar ou imprimir.

 

Declaración conxunta

No caso de declaracións correspondentes a unha unidade familiar (ver concepto de unidade familiar no punto Cuestións xerais-Tributación individual ou conxunta no presente manual de axuda), habilitarase esta opción. Utilice esta opción para visualizar ou imprimir os datos correspondentes á declaración conxunta. Non se permite a captura de datos nesta modalidade.

 

Declarante

No caso de declaracións individuais, habilitarase esta opción e será a que se utilice para a introdución de información. No caso de declaracións correspondentes a unha unidade familiar, mediante a selección desta opción cubriranse, visualizaranse ou imprimiranse os datos correspondentes unicamente ao declarante.

 

Cónxuxe

No caso de unidades familiares, habilitarase esta opción para cubrir, visualizar ou imprimir os datos correspondentes unicamente ao cónxuxe.

 

Fillo 1

No caso de unidades familiares con fillos, habilitarase esta opción para cubrir, visualizar ou imprimir os datos correspondentes unicamente ao primeiro fillo.

 

Fillo 2

No caso de unidades familiares con fillos, habilitarase esta opción para cubrir, visualizar ou imprimir os datos correspondentes unicamente ao segundo fillo.

 

Fillo 3

No caso de unidades familiares con fillos, habilitarase esta opción para cubrir, visualizar ou imprimir os datos correspondentes unicamente ao terceiro fillo.

 

Fillo 4

No caso de unidades familiares con fillos, habilitarase esta opción para cubrir, visualizar ou imprimir os datos correspondentes unicamente ao cuarto fillo.