PROGRAMA > MANEXO DO PROGRAMA > OPCIÓNS DO MENÚ

Menú Ferramentas

Seleccionar apartados da declaración

Esta opción permítelle seleccionar os apartados da declaración que desexe cubrir. É útil para axudar a cubrir unha declaración, ao mostrar unicamente os apartados necesarios en cada caso.

Calculadora

Permite o acceso directo a unha calculadora coas operacións básicas.

A esta calculadora tamén se accederá pulsando a combinación de teclas Ctrl+L en calquera dos datos da aplicación, permitindo devolver resultados no caso de datos numéricos.

Erros e avisos pendentes

Tras seleccionar esta opción, realízase unha verificación xeral dos datos introducidos na declaración.

Preséntanse nunha lista os avisos  ou os erros  localizados, permitindo a súa revisión mediante unha dobre pulsación co rato sobre o erro ou aviso desexado.

Poderá imprimir unha lista de erros e avisos encontrados pulsando o botón "Imprimir erros" e, en caso de que non exista ningún erro, poderá imprimir os modelos oficiais de solicitude de devolución ou comunicación de datos adicionais.