A selección desta opción desprega un submenú con opcións para facilitar a edición da información.
Cortar, Copiar, Pegar
Facilitan a posibilidade estándar de manipulación de datos para copialos ou movelos dun concepto a outro de tipo similar.
Preferencias
Idioma
Permite seleccionar o idioma que desexe de entre os dispoñibles.
Aparencia
Esta opción móstralle os perfís gráficos (LookAndFeel) instalados no sistema, podendo seleccionar o que mellor se adapte ás súas características. Recoméndase o perfil BaixaVisión para aquelas persoas que teñan dificultades de visión.
Elixir cor
Permite cambiar a cor de fondo nas pantallas da declaración.
Navegador
Permite elixir o navegador que desexa utilizar.