Esta opción posibilita a realización de actividades relacionadas coa creación, edición ou impresión das declaracións.
Nova declaración
É a opción que se debe utilizar para crear unha nova declaración.
Abrir
Abandónase a declaración actual para abrir unha nova. O programa preguntará se desexa gardar a declaración actual se non fose gardada ou se se realizasen modificacións.
Declaracións recentes
Mostra unha lista co nome das últimas declaracións abertas (ata 5).
Eliminar
Borra a declaración seleccionada.
Cerrar
Cerra a declaración actual.
Importar declaración
Permite incorporar á base de datos de Renda 2014 declaracións almacenadas en ficheiros con extensión .ren previamente exportadas.
Esta opción só está dispoñible desde a ventá principal do programa. Debe cerrarse calquera declaración aberta e situarse na ventá "Índice de declaracións."
Exportar declaración
Permite extraer da base de datos de Renda 2014 unha ou varias declaracións para almacenalas en ficheiros con extensión .ren
Esta opción só está dispoñible desde a ventá principal do programa. Debe cerrarse calquera declaración aberta e situarse na ventá "Índice de declaracións."
Duplicar
Realizar unha copia da declaración seleccionada.
Renomear
Cambiar o nome da declaración seleccionada.
Gardar
Garda a declaración actual.
Imprimir
Permite a xeración dun ficheiro en formato Adobe PDF que poderá almacenar para a súa posterior impresión.
Despois de xerar o ficheiro, Renda 2014 solicitará, se non o estableceu previamente na opción Configuración Visor PDF, a selección dun programa de tratamento de PDF para, se é o caso, presentarlle na pantalla o resultado da impresión e, se dispón dunha impresora gráfica con resolución mínima de 300 dpi, obter a declaración impresa sobre papel branco.
Teña en conta que, se desexa imprimir varias declaracións dunha mesma unidade familiar, deberá seleccionar previamente cada unha delas na opción Modalidade.
Vista previa
Presenta a declaración seleccionada nun formato similar ao que se imprimirá, permitindo obter unha copia impresa aínda que non se cubran os datos obrigatorios da declaración.
A copia impresa resultante é só un borrador da declaración e non se pode utilizar para a súa presentación.
Configurar visor PDF
Presenta unha ventá que lle permite seleccionar un programa de tratamento de ficheiros PDF Adobe. Se selecciona algún, Renda 2014 utilizarao automaticamente, despois de xerar o ficheiro PDF resultante obtido ao utilizar a opción Imprimir, para presentalo por pantalla e, se o desexa, obter a declaración impresa.
Presentación telemática
Permite xerar un ficheiro, coa información da declaración actual, no formato necesario para a súa presentación vía internet.
Nun procedemento posterior poderá transmitir o dito ficheiro á sede da AEAT, sempre que dispoña de acceso á internet (enderezo web http://www.aeat.es), utilizando para iso a opción prevista para tal efecto na dita páxina web.
Introdución
Presenta a pantalla de introdución do programa.
Saír
Cerra a declaración actual e sae da aplicación despois de aviso no caso de que se modificasen datos da declaración.