FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > REGRAS XERAIS DE CÁLCULO

MELLORAS (art. 34.2 da lei)

 

Cando se realizasen investimentos ou melloras no elemento patrimonial transmitido, deberá determinarse de forma separada a ganancia ou perda patrimonial imputable ao investimento ou mellora.

 

Valor de transmisión

Se se efectuaron melloras nos elementos patrimoniais transmitidos, debe distinguirse a parte do valor de alleamento que corresponda a cada compoñente deste.

 

Valor de adquisición

Considerarase como valor de adquisición o custo do investimento ou mellora.

 

Data de adquisición

Tomarase como data de adquisición aquela na que o investimento ou mellora se realizase.