Unha vez introducida a epígrafe do IAE correspondente á actividade e unha vez cubertos os datos da ventá de "INFORMACIÓN RELATIVA Á ACTIVIDADE", o programa mostra os módulos que son aplicables.
UNIDADES
Na columna de "Unidades" consignarase o número de unidades de cada un dos módulos aplicables, para o cal se dispón dunha ventá de desagregación que permite realizar o seu cálculo.
DEFINICIÓNS
- Prazas
- Mesas
- Asentos
- Carga de elementos de transporte e carga de vehículos
- Potencia fiscal de vehículos
FORMA DE CUBRIR AS PANTALLAS
O número de unidades dos diferentes módulos utilizados, instalados ou empregados na actividade, determinarase en función das horas, cando se trate de persoal asalariado e non asalariado, ou días, nos restantes casos, de emprego, utilización ou instalación, salvo para o consumo de enerxía eléctrica ou distancia percorrida, en que se terán en conta, respectivamente, os quilovatios/hora consumidos ou os quilómetros percorridos. Se non fose un número enteiro, expresarase con dúas cifras decimais.
Cando exista unha utilización parcial dun módulo na actividade, o valor que se computará será o que resulte do seu rateo en función da súa utilización efectiva.
Excepcionalmente, se non fose posible determinar esta, imputarase por partes iguais a cada unha das utilizacións do módulo.
REDUCIÓN DE MÓDULOS POR CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS
Poderase solicitar da Administración tributaria a redución dos módulos nos seguintes supostos:
- Cando o desenvolvemento da actividade económica se vise afectado por incendios, inundacións, afundimentos ou grandes avarías no equipo industrial, que supoñan anomalías graves no desenvolvemento da actividade.
- Cando o titular da actividade se encontre en situación de incapacidade temporal e non teña outro persoal empregado.
Nestes casos, os interesados poderán solicitar a redución dos signos, índices ou módulos na administración ou delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ao seu domicilio fiscal no prazo de trinta, que se contará desde a data en que se produzan, achegando as probas que consideren oportunas e facendo mención, se é o caso, das indemnizacións que se van percibir por razón de tales anomalías.
Acreditada a efectividade das ditas anomalías, autorizarase a redución dos signos, índices ou módulos que proceda.
Atención: o programa opera en todo caso cos módulos aprobados con carácter xeral e non prevé a aplicación de módulos reducidos autorizados pola Administración por solicitude da persoa interesada.