FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE CAPITAL MOBILIARIO

INDIVIDUALIZACIÓN E ATRIBUCIÓN DAS RENDAS

 

Os rendementos do capital atribuiranse aos contribuíntes que, segundo o previsto no artigo 7 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, sexan titulares dos elementos patrimoniais, bens ou dereitos, de que proveñan os ditos rendementos (art. 11.3 da lei).

As rendas correspondentes ás sociedades civís, teñan ou non personalidade xurídica, herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, atribuiránselles aos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes respectivamente, segundo as normas ou pactos aplicables en cada caso e, se estes non lle constasen á Administración tributaria en forma fidedigna, atribuiranse por partes iguais (art. 89.3 da lei). As rendas correspondentes a estas entidades deberán declararse na epígrafe "Réximes especiais. Réxime de atribución de rendas".