FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DERIVADOS DE INMOBLES

INDIVIDUALIZACIÓN (art. 85.2 da lei)

 

Estas rendas imputaránselles aos titulares dos bens inmobles de acordo co artigo 7 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

Cando existan dereitos reais de aproveitamento, a renda computable para estes efectos no titular do dereito será a que lle correspondería ao propietario.

As rendas correspondentes ás sociedades civís, teñan ou non personalidade xurídica, herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, atribuiranse aos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes, respectivamente, segundo as normas ou pactos aplicables en cada caso e, se estes non lle constasen á Administración tributaria en forma fidedigna, atribuiranse por partes iguais (art. 87 da lei).