As ganancias e perdas patrimoniais consideraranse obtidas polos contribuíntes que, segundo o previsto no artigo 7 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, sexan titulares dos bens, dereitos e demais elementos patrimoniais de que proveñan.
As adquisicións de bens e dereitos que non deriven dunha transmisión previa, como as ganancias no xogo, consideraranse ganancias patrimoniais da persoa a quen corresponda o dereito á súa obtención ou que as gañase directamente.
As ganancias patrimoniais non xustificadas atribuiranse en función da titularidade dos bens ou dereitos en que se manifesten.
Atención: as ganancias e perdas patrimoniais obtidas por unha entidade en réxime de atribución de rendas das que o contribuínte sexa membro ou partícipe deberán consignarse na epígrafe "Réximes especiais: réxime de atribución de rendas" (epígrafe F da páxina 8 da declaración) pola parte que en cada caso resulte atribuíble ao contribuínte como consecuencia da aplicación do réxime especial de atribución de rendas.