FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > REGRAS ESPECIAIS DE CÁLCULO

INDEMNIZACIÓNS POR PERDAS OU SINISTROS (art. 35.1.g) da lei)

 

De indemnizacións ou capitais asegurados por perdas ou sinistros en elementos patrimoniais, computarase como ganancia ou perda patrimonial a diferenza entre a cantidade percibida e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano.

Cando a indemnización non fose en metálico, computarase a diferenza entre o valor de mercado dos bens, dereitos ou servizos recibidos e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano.

Só se computará ganancia patrimonial cando se derive un aumento no valor do patrimonio do contribuínte.