INDEMNIZACIÓNS EXENTAS POR DESPEDIMENTO OU CESAMENTO DO TRABALLADOR (art. 1 do regulamento)

 

O gozo desta exención está condicionado á real efectiva desvinculación do traballador coa empresa.

 

Presumirase, salvo proba en contrario, que non se dá a dita desvinculación cando nos tres anos seguintes ao despedimento ou cesamento o traballador volva prestar servizos á mesma empresa ou a outra empresa vinculada a aquela nos termos previstos no artigo 16 do texto refundido da Lei do imposto sobre sociedades, sempre que, no caso en que a vinculación se defina en función da relación socio-sociedade, a participación sexa igual ou superior ao 25 por 100, ou ao 5 por 100 se se trata de valores negociados en mercados regulados de valores definidos no título III da Directiva 2004/39/CE.