INCREMENTO DA REDUCIÓN PARA CONTRIBUÍNTES DESEMPREGADOS (art. 12 do regulamento)

 

Para a aplicación do incremento do 100% da redución por rendementos netos de traballo deberán cumprirse os seguintes requisitos:

 

•    O contribuínte ha de estar desempregado e inscrito na oficina de emprego.

•    O posto de traballo que se acepta debe estar situado nun municipio distinto ao da residencia habitual do contribuínte.

•    O contribuínte debe trasladar a súa residencia habitual a un novo municipio.