INCREMENTO DA REDUCIÓN PARA CONTRIBUÍNTES QUE PROLONGUEN A ACTIVIDADE LABORAL (art. 12 do regulamento)

 

Os contribuíntes que perciban rendementos do traballo como traballadores activos, ao continuar ou prolongar a súa relación laboral ou estatutaria unha vez alcanzados os 65 anos, poderán incrementar a redución nun 100%.

Para estes efectos, entenderase por traballador activo aquel que perciba rendementos do traballo como consecuencia da prestación efectiva dos seus servizos retribuídos por conta allea e dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa, física ou xurídica.