FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > REGRAS ESPECIAIS DE CÁLCULO

INCORPORACIÓN DE BENS OU DEREITOS QUE NON DERIVEN DUNHA TRANSMISIÓN (art. 37.1.l) da lei)

 

Nas incorporacións de bens ou dereitos que non deriven dunha transmisión, computarase como ganancia patrimonial o valor de mercado dos bens ou dereitos que se incorporan ao patrimonio do contribuínte.

Este tipo de adquisicións de bens e dereitos (como son as ganancias no xogo, por exemplo) consideraranse ganancias patrimoniais da persoa a quen corresponda o dereito á súa obtención ou que as obtivese directamente.