INCENTIVOS AO MECENADO. GASTOS EN ACTIVIDADES DE INTERESE XERAL (Lei 49/2002)
Teñen a consideración de partida deducible os gastos realizados para os fins de interese xeral que se recollen a continuación por empresarios e profesionais que determinen o seu rendemento polo réxime de estimación directa:
Fins de interese xeral (art. 3.1 da Lei 49/2002)
Teñen a consideración de fins de interese xeral, entre outros:
- Os de defensa dos dereitos humanos, das vítimas do terrorismo e os actos violentos.
- Os de asistencia social e inclusión social.
- Os cívicos, educativos, culturais, científicos, deportivos, sanitarios, laborais.
- Os de fortalecemento institucional.
- Os de cooperación para o desenvolvemento.
- Os de promoción do voluntariado e de promoción da acción social.
- Os de defensa do medio.
- Os de promoción e atención ás persoas en risco de exclusión por razóns físicas, económicas ou culturais.
- Os de promoción dos valores constitucionais e defensa dos principios democráticos.
- Os de fomento da tolerancia.
- Os de fomento da economía social.
- Os de desenvolvemento da sociedade da información.
- Os de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico.