REGRA XERAL (art. 14.1.b) da lei)
Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas aplicarán ás rendas derivadas das ditas actividades, exclusivamente, os criterios de imputación temporal previstos na Lei do imposto sobre sociedades e as súas normas de desenvolvemento.
Como regra xeral, os ingresos imputaranse no período impositivo en que se xeren, con independencia do momento do cobramento, entendéndose xerados cando se produza a posta á disposición dos bens ou a prestación dos servizos.
Así mesmo, como regra xeral, os gastos xéranse cando se produce a posta á disposición dos bens ou a prestación do servizo, segundo a natureza do gasto, con independencia do momento do pagamento.
CRITERIO DE IMPUTACIÓN TEMPORAL DE COBRAMENTOS E PAGAMENTOS (art. 7.2 do regulamento)
Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas, que non estean obrigados fiscalmente a levar a súa contabilidade axustada ao disposto no Código de comercio e cumpran as súas obrigas contables e rexistrais levando os libros de rexistro fiscais previstos en cada caso, poderán optar polo criterio de cobramentos e pagamentos para imputar temporalmente os ingresos e gastos de todas as súas actividades económicas.
O dito criterio entenderase aprobado pola Administración tributaria polo só feito de así manifestalo na correspondente declaración e deberá manterse durante un prazo mínimo de tres anos.
A opción polo criterio sinalado neste parágrafo perderá a súa eficacia se, con posterioridade á dita opción, o contribuínte quedase obrigado fiscalmente a levar a súa contabilidade axustada ao disposto no Código de comercio ou opta por levar a súa contabilidade desta forma.
En ningún caso, os cambios de criterio de imputación temporal ou de réxime de determinación do rendemento neto comportarán que algún gasto ou ingreso quede sen computar ou que se impute novamente noutro exercicio.