As imputacións das entidades que se indican a continuación deberán reflectirse no punto correspondente da EPÍGRAFE F da páxina 8:
- Agrupacións de interese económico reguladas na Lei 12/1991, do 29 de abril (art. 48 LIS).
- Agrupacións europeas de interese económico reguladas no Regulamento 2137/1985, do 25 de xullo, do Consello das Comunidades Europeas (art. 49 LIS).
- Unións temporais de empresas inscritas no rexistro especial do Ministerio de Economía e Facenda (art. 50 LIS).
Estas entidades imputaranlles aos seus socios os seguintes conceptos:
- As bases impoñibles, positivas ou negativas.
- As deducións e bonificacións na cota a que teña dereito a entidade. As bases das deducións e bonificacións integraranse na liquidación dos socios, minorando a cota segundo as normas do imposto sobre a renda das persoas físicas.
- As retencións e ingresos á conta correspondentes á entidade.