- IMPORTE DAS RENDAS POSITIVAS IMPUTABLES
O importe da renda positiva que hai que imputar calcularase de acordo cos principios e criterios establecidos na normativa do imposto de sociedades para a determinación da base impoñible.
Para estes efectos, utilizarase o tipo de cambio vixente ao peche do exercicio social da entidade non residente en territorio español.
Unha mesma renda positiva soamente poderá ser obxecto de imputación por unha soa vez, calquera que sexa a forma e a entidade en que se manifeste.