Os propietarios de bens inmobles ou os titulares de dereitos reais de uso ou aproveitamento que recaian sobre estes deberán imputarse rendas inmobiliarias cando concorran as seguintes circunstancias:
1- Que teñan a consideración de bens inmobles de natureza urbana de acordo co artigo 7 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario ou que se trate de inmobles rústicos con construcións que non resulten indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.
2- Que non estean afectos a actividades económicas.
3- Que os inmobles non xeren rendementos do capital, é dicir, que non estean arrendados nin se producise calquera outra cesión de uso mediante prezo.
Non obstante, non procede a imputación polos seguintes inmobles:
- A vivenda habitual.
- O solo non edificado.
- Inmobles en construción.
- Inmobles que por razóns urbanísticas non sexan susceptibles de uso.