FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > RÉXIMES ESPECIAIS > IMPUTACIÓNS DE RENDAS POSITIVAS NO RÉXIME DE TRANSPARENCIA FISCAL INTERNACIONAL > RÉXIME DE TRANSPARENCIA FISCAL INTERNACIONAL
IMPUTACIÓN DE RENDAS (art. 91 da lei)

 

Sen prexuízo do disposto nos tratados e convenios internacionais que pasasen a formar parte do noso ordenamento interno, os contribuíntes residentes en España deben imputar na súa base impoñible a renda positiva obtida por unha entidade non residente en territorio español na que participen, cando concorran as seguintes circunstancias:

 

1)   Control sobre a entidade non residente

 

A participación do contribuínte na entidade na data de peche do exercicio social, por si só ou conxuntamente con parentes ata segundo grao ou con entidades vinculadas, ha de ser igual ou superior ao 50 por 100 no capital, os fondos propios, os resultados ou os dereitos de voto.

 

A determinación do grao de participación realizarase de conformidade co establecido no artigo 91.1.a) da Lei do IRPF.

 

 

2)   Baixa tributación

 

O nivel de tributación da entidade non residente, en relación con algunha das rendas que hai que imputar e calculado de acordo co previsto na citada lei, ha de ser inferior ao 75 por 100 do que correspondería de acordo coas normas do imposto sobre sociedades, o que se presume, salvo proba en contrario, cando a entidade participada sexa residente de países ou territorios cualificados regulamentariamente como paraísos fiscais.

 

 

3)   Rendas que hai que imputar

 

Unicamente se imputarán as rendas positivas pertencentes a algunha das clases previstas no artigo 91.2 da Lei do IRPF.