A opción Impresión xera un arquivo de texto en formato Adobe PDF, imprimible directamente sobre papel branco DIN A4, que, debidamente asinado e cuberto, se poderá utilizar directamente para a súa presentación. Imprimiranse unicamente as páxinas necesarias, é dicir, as que conteñan datos. O programa imprime un código de puntos na zona superior da primeira páxina da declaración (páxina 0) que facilitará o tratamento posterior, especialmente nas declaracións con dereito a devolución.
O programa emitirá tamén o documento de ingreso/devolución (modelo 100).
A impresión realízase a partir dos datos consignados nas pantallas de entrada de datos, tanto para un contribuínte individual como para unidades familiares (de forma conxunta ou individual de cada un dos seus membros). En caso de contribuíntes individuais, o programa imprimirá directamente a declaración do Declarante, mentres que para as unidades familiares se deberá seleccionar con anterioridade a declaración que se vai imprimir de entre as posibles: Conxunta, Declarante, Cónxuxe, Fillo 1, Fillo 2, Fillo 3, Fillo 4.
Para facilitar a impresión da declaración a dobre cara, o programa inclúe páxinas en branco para separar os 2 exemplares de declaración (Administración e Contribuínte) e os documentos de Ingreso/Devolución.
RECORDE
PARA PRESENTAR A DECLARACIÓN, O CONTRIBUÍNTE NON DEBE ESQUECER:
• Revisar o modelo impreso e completalo cos datos necesarios.
• Asinar e datar a declaración.
• Cubrir e asinar o documento de Ingreso/Devolución (M-100) que se incluirá no sobre gratuíto do programa PADRE.
• Comprobe que o código de puntos (PDF) aparece impreso de forma clara na parte superior da primeira páxina (páxina 0). Este código é moi importante para axilizar o tratamento da declaración.
• Para presentar esta declaración deberá utilizar un sobre de retorno do programa PADRE que poderá obter gratuitamente nas delegacións e administracións da Axencia Tributaria, así como nas entidades financeiras onde se presente a declaración. O código de puntos debe verse a través da ventá transparente do sobre de retorno.