FORMA DE CUBRIR IRPF (II)

IMPORTE DO IRPF 2014 QUE LLE CORRESPONDE Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE RESIDENCIA

A Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, establece con efectos do 1 de xaneiro de 2009 unha elevación da porcentaxe de cesión do imposto sobre a renda das persoas físicas do 33 % ao 50 %.  

 

En consecuencia, para determinar o importe do IRPF que corresponde á comunidade autónoma de residencia, aparecerá cuberta a epígrafe O da páxina 14 da declaración, con excepción dos que no exercicio 2014 tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro ou nas cidades con estatuto de autonomía de Ceuta ou Melilla.

 

Con carácter xeral, os datos que aparecen en cada unha dos recadros desta epígrafe O son o resultado de efectuar as operacións que se indican no texto de cada un dos recadros.