FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > REGULARIZACIÓN DE DECLARACIÓNS ANTERIORES > DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA: ERROS OU OMISIÓNS EN PREXUÍZO DA FACENDA PÚBLICA

IDEAS XERAIS

 

Os erros ou omisións padecidos en declaracións xa presentadas que motivasen a realización dun ingreso inferior ao que legalmente correspondese ou a recepción dunha devolución superior á procedente deben regularizarse mediante a presentación dunha declaración-liquidación complementaria á orixinariamente presentada.

Tamén se deben regularizar mediante a presentación de declaracións-liquidacións complementarias aquelas situacións ou circunstancias sobrevidas que motiven a perda do dereito a unha redución ou exención xa aplicada nunha declaración anterior.

Non obstante, a perda do dereito a determinadas deducións, como se comenta na epígrafe “Incremento por perda de deducións de exercicios anteriores”, debe regularizarse na declaración do exercicio en que se producise o incumprimento dalgún dos requisitos esixidos para a consolidación do dereito ás ditas deducións.

En todo caso, as declaracións complementarias deberán realizarse nos impresos correspondentes ao exercicio que é obxecto de regularización.