FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAIS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA

GASTOS EXTRAORDINARIOS POR CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS (Orde do 25-11-2010)

 

Cando o desenvolvemento da actividade se vise afectado por incendios, inundacións, afundimentos ou outras circunstancias excepcionais que determinen gastos extraordinarios alleos ao proceso normal do exercicio daquela, poderá minorarse o rendemento neto no importe dos ditos gastos, sempre que se puxese esta circunstancia en coñecemento da Administración tributaria no prazo de 30 días, que se contará desde a data en que se produciu.