FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > REGRAS ESPECIAIS DE CÁLCULO

GANANCIAS PATRIMONIAIS NON XUSTIFICADAS (art. 39 da lei)

 

Terán a consideración de ganancias de patrimonio non xustificadas os bens ou dereitos cuxa posesión, declaración ou adquisición non se corresponda coa renda ou patrimonio declarados polo contribuínte, así como a inclusión de débedas inexistentes en calquera declaración por este imposto ou polo imposto sobre o patrimonio, ou o seu rexistro nos libros ou rexistros oficiais.

As ganancias patrimoniais non xustificadas integraranse na base liquidable xeral do período impositivo respecto do que se descubran, salvo que o contribuínte probe suficientemente que foi titular dos bens ou dereitos correspondentes desde unha data anterior á do período de prescrición.

As ganancias patrimoniais non xustificadas atribuiranse en función da titularidade dos bens ou dereitos en que se manifesten (art. 11.5 da lei).