FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > FORMA DE CUBRIR > G3: GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS DERIVADAS DA TRANSMISIÓN DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS ADQUIRIDOS CON MÁIS DUN ANO DE ANTELACIÓN Á DATA DE TRANSMISIÓN PARA INTEGRAR NA BASE IMPOŃIBLE DO AFORRO
GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS DERIVADAS DA TRANSMISIÓN DE VALORES RECIBIDOS POR OPERACIÓNS DE RECOMPRA E SUBSCRICIÓN OU CAMBIO DE VALORES DE DÉBEDA SUBORDINADA OU DE PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

 

Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2014, establécense normas especiais de integración e compensación de perdas patrimoniais derivadas da transmisión de valores que se  recibisen en substitución  de débeda subordinada ou de participacións preferentes xeradas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015.

 

Para iso permítese que a parte dos saldos negativos de calquera dos dous compońentes da base impońible do aforro que proceda destas rendas (preferentes e subordinada), xa sexan perdas patrimoniais con rendementos negativos de capital mobiliario, se poidan compensar co saldo do outro compońente da base impońible do aforro cando este sexa positivo.

 

Se tras estas compensacións quedase saldo negativo, o seu importe poderase compensar co mesmo procedemento nos catro exercicios seguintes.

 

O primeiro ano de aplicación deste procedemento especial de compensación será 2014. Non obstante, poderán compensarse non só as partes de saldos negativos derivadas destes conceptos xeradas en 2014, senón tamén as xeradas nos anos 2010 a 2013, sempre que se compensen no prazo de 4 anos desde que se xeraron.

 

Adicionalmente, en 2014, se tras esta compensación quedase saldo negativo e o  saldo das ganancias e perdas patrimoniais que se integran na base impońible xeral fose positivo, este saldo negativo derivado de preferentes e débeda subordinada poderase compensar coa parte do dito saldo positivo da base impońible xeral que se corresponde con ganancias patrimoniais derivadas da transmisión de elementos patrimoniais.

 

Para permitir a máxima compensación posible no caso de que estes rendementos ou perdas derivados de débeda subordinada ou participacións preferentes concorran con outros rendementos negativos ou perdas doutra natureza entenderase que o proceso de compensación xeral afecta, en primeiro lugar, a estas últimas rendas, de forma que se posibilita que o novo procedemento afecte o maior volume posible de rendas negativas.