Incluiranse nesta epígrafe as ganancias e perdas patrimoniais (que non procedan de institucións de investimento colectivo ou de premios, nin de accións admitidas a negociación en mercados oficiais que deben declararse nas epígrafes anteriores) que se poñan de manifesto con ocasión de transmisións de elementos patrimoniais ou melloras realizadas nestes.
Exención por reinvestimento en vivenda habitual
Cando a ganancia patrimonial derive da transmisión da vivenda habitual do contribuínte e a esta lle sexa de aplicación a exención por reinvestimento (total ou parcial), deberán cubrirse os datos esixidos nesta epígrafe. O programa calculará a ganancia patrimonial e trasladará os datos esixidos polo modelo á epígrafe G6 "Exención por reinvestimento da ganancia obtida en 2014 pola transmisión da vivenda habitual".
Datas de transmisión e de adquisición
Valor de transmisión (elementos non afectos)
Valor de transmisión (elementos afectos)
Imputación de ganancias e perdas producidas en exercicios anteriores
Acollidas a diferimento por imputación de ganancias patrimoniais por reinvestimento