Declararanse nesta epígrafe as ganancias e perdas patrimoniais obtidas como consecuencia da transmisión de accións admitidas a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores españois ou en calquera outro dos definidos na Directiva 2004/39/CEE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004.
Tamén se declararán nesta epígrafe:
- As ganancias e perdas patrimoniais non suxeitas a retención derivadas do reembolso ou transmisión de participacións ou accións nos fondos e sociedades (fondos de investimento cotizados e SICAV índice cotizadas) a que se refire o artigo 49 do regulamento da Lei 35/2003, do 4 de novembro, de institucións de investimento colectivo.
- As ganancias e perdas patrimoniais obtidas como consecuencia da transmisión de accións de sociedades de investimento admitidas a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores españois ou en calquera outro dos definidos na Directiva 2004/39/CEE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004.
Importante
Exceptúanse as seguintes ganancias e perdas patrimoniais, que deberán declararse, se é o caso, na epígrafe "Ganancias e perdas derivadas de transmisións doutros elementos patrimoniais".
- As derivadas da transmisión de accións de entidades cuxo activo estea constituído polo menos nun 50 por 100 por inmobles situados en territorio español, ás que se refire o artigo108 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores.
- As derivadas da transmisión de accións admitidas a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais citados anteriormente, cando a transmisión non se efectuase nos ditos mercados ou teña a consideración de operación a prazos ou con prezo aprazado.
DENOMINACIÓN DOS VALORES
Consignarase o nome ou razón social da sociedade emisora das accións transmitidas.
CÁLCULO DAS GANANCIAS E PERDAS OBTIDAS
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá facilitar a seguinte información por cada ganancia ou perda producida:
C) GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS DE ACCIÓNS E PARTICIPACIÓNS NEGOCIADAS EN MERCADOS ORGANIZADOS
2. Deberá seleccionar o tipo de valor que orixina a ganancia ou perda patrimonial, distinguindo as que deriven de accións de sociedades de investimento mobiliario e inmobiliario do resto.
4. Posteriormente abrirase un menú de selección co fin de distinguir as ganancias patrimoniais en función da data de adquisición das accións, no caso de que se trate dunha perda patrimonial deberá seleccionar este concepto.
5. Deberá consignar por cada operación o valor de transmisión e o valor de adquisición das accións. Consideraranse para estes efectos unha única operación aquelas ganancias (ou perdas) co mesmo período de xeración.
6. Adicionalmente, se a adquisición se realizou antes do 31-12-1994, deberá facilitar o valor que lles corresponda ás accións ou participacións para os efectos do imposto sobre o patrimonio do ano 2005. O dito valor será o valor de negociación media correspondente ao cuarto trimestre de 2005 recollido na Orde do Ministerio de Economía e Facenda EHA/492/2006, do 17 de febreiro. O valor que debe indicar será o resultado de multiplicar o número de accións polo seu valor unitario.
7. Operacións de recompra de valores homoxéneos.
Marcarase este recadro se a transmisión orixina unha perda e foron adquiridos valores homoxéneos nos prazos e condicións previstos no artigo 33.5, alínea f) da Lei do imposto, xa que a perda patrimonial non se deberá computar ata que non se produza a posterior transmisión definitiva dos valores readquiridos.
D) GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS DE ACCIÓNS DE SOCIEDADES ANÓNIMAS DE INVESTIMENTO NO MERCADO INMOBILIARIO (SOCIMI) SUXEITAS AO RÉXIME ESPECIAL REGULADO NA LEI 11/2009
Para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2013, as ganancias ou perdas patrimoniais derivadas da transmisión de participacións das sociedades anónimas cotizadas no mercado inmobiliario (SOCIMI) determínanse segundo as normas aplicables á transmisión de valores cotizados, desaparecendo a exención limitada de que gozaban anteriormente os socios na ganancia patrimonial obtida.