FÓRMULAS INDIRECTAS DE PAGAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE TRANSPORTE COLECTIVO DE VIAXEIROS (art. 46. bis do Real decreto 439/2007)
Terán a consideración de fórmulas indirectas de pagamento de cantidades ás entidades encargadas de prestar o servizo público de transporte colectivo de viaxeiros a entrega aos traballadores de tarxetas ou de calquera outro medio electrónico de pagamento que cumpran os seguintes requisitos:
1. Que poidan utilizarse exclusivamente como contraprestación pola adquisición de títulos de transporte que permitan a utilización do servizo público de transporte colectivo de viaxeiros.
2. A cantidade que se poida aboar con estas non poderá exceder de 136,36 euros mensuais por traballador, co límite de 1.500 euros anuais.
3. Deberán estar numeradas, expedidas de forma nominativa e nelas deberá figurar a empresa emisora.
4. Serán intransmisibles.
5. Non se poderá obter, nin da empresa nin de terceiro, o reembolso do seu importe.
6. A empresa que entregue as tarxetas ou o medio electrónico de pagamento deberá levar e conservar unha relación das entregadas a cada un dos seus traballadores, con expresión de:
a) Número de documento.
b) Contía anual posta á disposición do traballador.
No suposto de entrega de tarxetas ou medios de pagamentos electrónicos que non cumpran os requisitos anteriores, existirá unha retribución en especie pola totalidade das contías postas á disposición do traballador. Non obstante, no caso de incumprimento dos límites sinalados no número 2 anterior, unicamente existirá retribución en especie polo exceso.