FRACCIONAMENTO NOS SUPOSTOS DE FALECEMENTO E DE PERDA DA RESIDENCIA EN ESPAÑA (art. 63 do regulamento)

 

FALECEMENTO DO CONTRIBUÍNTE

No caso de falecemento do contribuínte previsto no artigo 14.4 da Lei do imposto, todas as rendas pendentes de imputación deberán integrarse na base impoñible do último período impositivo que se deba declarar por este imposto.

 

PERDA DA CONDICIÓN DE CONTRIBUÍNTE POR CAMBIO DE RESIDENCIA

No caso de que o contribuínte perda a súa condición por cambio de residencia, de acordo co previsto no artigo 14.3 da Lei do imposto, todas as rendas pendentes de imputación deberán integrarse na base impoñible correspondente ao último período que deba declararse por este imposto, practicándose, se é o caso, declaración-liquidación complementaria, sen sanción, nin xuros de mora, nin recarga ningunha, no prazo de tres meses desde que o contribuínte perda a súa condición por cambio de residencia.

 

FRACCIONAMENTO

Nestes supostos, os sucesores do causante ou o contribuínte poderán solicitar o fraccionamento da parte de débeda tributaria correspondente ás ditas rendas, calculada aplicando o tipo de gravame regulado no artigo 80.2 da Lei do imposto.