CUESTIÓNS XERAIS > DECLARACIÓN POLO IRPF

FRACCIONAMENTO DO PAGAMENTO

 

Sen prexuízo da posibilidade de aprazamento ou fraccionamento do pagamento prevista no artigo 65 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e desenvolvido nos artigos 44 e seguintes do Regulamento xeral de recadación, o ingreso do importe resultante da autoliquidación poderá fraccionarse, sen xuro nin recarga ningunha, en dúas partes: a primeira, do 60 por 100 do seu importe, no momento de presentar a declaración, e a segunda, do 40 por 100 restante, ata o 5 de novembro de 2015, inclusive.

 

Para gozar deste beneficio será necesario que a declaración se presente dentro do prazo establecido. Non se poderá beneficiar deste fraccionamento o ingreso das autoliquidacións complementarias.

 

 

Solicitude de suspensión do ingreso

 

Nos supostos en que, ao amparo do establecido no artigo 97.6 da Lei do imposto, a solicitude de suspensión do ingreso da débeda tributaria resultante da autoliquidación realizada por un cónxuxe non alcance a totalidade do dito importe, o resto da débeda tributaria poderá fraccionarse nos termos sinalados nos parágrafos anteriores.