•
Recoñecemento de débeda con
imposibilidade de pagamento: esta
opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. No momento da
presentación telemática da declaración, recoñeocerase unha débeda polo importe
total da declaración e obterá unha clave de liquidación da débeda. Coa dita
clave de liquidación, se así o desexa, poderá solicitar con posterioridade o
aprazamento ou compensación do importe anterior desde a ligazón habilitada na
páxina de Resultado-Confirmación realizada ou na sede electrónica
(https://www.agenciatributaria.gob.es), a través da opción Procedimientos,
servicios y trámites (Información y Registro)/Recaudación.
•
Recoñecemento de débeda con solicitude
de aprazamento: esta opción só está
dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. No momento de presentación
telemática da declaración, recoñecerase unha débeda polo importe total da
declaración se manifestou a intención de solicitar un aprazamento do pagamento.
Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer
efectiva a dita solicitude de aprazamento desde a ligazón habilitada na páxina
de Resultado-Confirmación realizada ou na sede electrónica
(https://www.agenciatributaria.gob.es), a través da opción Procedimientos,
servicios y trámites (Información y Registro)/Recaudación.
•
Recoñecemento da débeda con solicitude
de compensación: esta opción só está
dispoñible, por internet, se non elixe fraccionar o pagamento. No momento da
presentación telemática da declaración. recoñecerase unha débeda
polo importe total da declaración se manifestou a intención de solicitar
unha compensación do pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que
deberá utilizar para facer efectiva a dita solicitude de compensación desde a
ligazón habilitada na páxina de Resultado-Confirmación realizada ou na sede
electrónica (https://www.agenciatributaria.gob.es), a través da opción
Procedimientos, servicios y trámites (Información y Registro)/Recaudación.
Se desexa fraccionar o pagamento en dous prazos (60/40
%) e ademais solicitar a compensación do primeiro destes prazos, deberá acudir á
delegación ou administración da AEAT correspondente ao seu
domicilio.
•
Ingreso parcial e recoñecemento de
débeda con imposibilidade de pagamento: esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar
o pagamento. Deberá indicar o importe que desexa pagar (achegando o NRC
correspondente ao dito importe, subministrado polo seu banco ou obtido mediante
o pagamento telemático de impostos con entidades concertadas) e o importe
polo que desexa recoñecer débeda. No momento da presentación telemática da
declaración, recoñecerase unha débeda polo importe pendente de pagamento e
obterá unha clave de liquidación da débeda. Coa dita clave de liquidación, se
así o desexa, poderá solicitar con posterioridade o aprazamento ou compensación
do importe anterior desde a ligazón habilitada na páxina de
Resultado-Confirmación realizada ou na sede electrónica
(https://www.agenciatributaria.gob.es), a través da opción Procedimientos,
Servicios y Trámites (Información y Registro)/Recaudación.
• Ingreso parcial e recoñecemento de débeda con solicitude de aprazamento: esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. Deberá indicar o importe que desexa pagar (achegando o NRC correspondente ao dito importe, subministrado polo seu banco ou obtido mediante o pagamento telemático de impostos con entidades concertadas) e o importe polo que desexa recoñecer débeda coa intención de solicitar un aprazamento. No momento da presentación telemática da declaración,recoñecerase unha débeda polo importe pendente de pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer efectiva a solicitude de aprazamento desde a ligazón habilitada na páxina de Resultado-Confirmación realizada ou na sede electrónica (https://www.agenciatributaria.gob.es), a través da opción Procedimientos, servicios y trámites (Información y Registro)/Recaudación.
• Ingreso parcial e recoñecemento de débeda con solicitude de compensación: esta opción só está dispoñible, por internet, se non elixe fraccionar o pagamento. Deberá indicar o importe que desexa pagar (achegando o NRC correspondente ao dito importe, subministrado polo seu banco ou obtido mediante o pagamento telemático de impostos con entidades concertadas) e o importe polo que desexa recoñecer débeda coa intención de solicitar unha compensación. No momento da presentación telemática da declaración, recoñecerase unha débeda polo importe pendente de pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer efectiva a solicitude de compensación desde a ligazón habilitada na páxina de Resultado-Confirmación realizada ou na sede electrónica (https://www.agenciatributaria.gob.es), a través da opción Procedimientos, servicios y trámites (Información y Registro)/Recaudación.
Se desexa fraccionar o pagamento en dous prazos (60/40
%) e ademais pagar unha parte do primeiro prazo e solicitar a compensación do
resto do dito prazo, deberá acudir á delegación ou administración da AEAT
correspondente ao seu domicilio.