PRESENTACIÓN TELEMÁTICA > DECLARACIÓNS DO IRPF > CUESTIÓNS XERAIS

  FORMAS DE PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA

 

A presentación electrónica por internet poderá ser efectuada mediante:

 

1.º Certificado electrónico: a utilización dun certificado electrónico recoñecido emitido de acordo coas condicións que establece a Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento.

 

2.º Sistema Cl@ve PIN: o sistema de sinatura con clave de acceso nun rexistro previo como usuario, establecido no apartado primeiro.3.c) e desenvolvido no anexo III da Resolución do 17 de novembro de 2011 da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se aproban sistemas de identificación e autenticación distintos da sinatura electrónica avanzada para relacionarse electronicamente coa citada Axencia Tributaria.

 

3.º Número de referencia: a consignación do número de identificación fiscal (NIF) do obrigado tributario e do número de referencia do borrador ou dos datos fiscais previamente subministrados pola Axencia Tributaria conforme o procedemento establecido para o efecto.