FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > REGULARIZACIÓN DE DECLARACIÓNS ANTERIORES > DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA: ERROS OU OMISIÓNS EN PREXUÍZO DA FACENDA PÚBLICA

FORMA DE REALIZAR A DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA DE 2014

 

A nova declaración (complementaria) recollerá a totalidade dos datos que deban ser declarados, incorporando, xuntamente cos correctamente indicados na declaración orixinaria, os de nova inclusión ou modificación.

Unha vez determinada a cota diferencial resultante da nova liquidación, restarase desta o importe que se ingresou na declaración orixinaria, se esta foi positiva, ou ben sumaráselle a devolución percibida, se resultou para devolver. O resultado obtido é a cota que deberá ser ingresada como consecuencia da declaración complementaria.

Os cálculos realizados polo programa recolleranse na epígrafe P da páxina 16 da declaración e no documento de ingreso (modelo 100).

 

FORMA DE CUBRIR

 

Deberán cubrirse os datos esixidos na ventá de captura de datos que se desprega ao seleccionar os recadros 121, 122 e 123, 120 e 124 da epígrafe "Declaración complementaria", páxina 2 da declaración.

 

 

1-   Deberá marcar cunha X o recadro ou recados que corresponda á da declaración complementaria de que se trate:

a) Atrasos de rendementos do traballo ou no suposto de perda da condición de contribuínte por cambio de residencia que se refire o artigo 14.3 da Lei do imposto.

b) Declaración complementaria que está motivada por algún suposto especial sobrevido con posterioridade á presentación orixinaria do exercicio 2014.

c) Declaración complementaria con cantidade para devolver inferior á solicitada na declaración anterior sen que esta fose aínda efectuada. Neste suposto non deberá cubrir ningún outro recadro e, en consecuencia, non aparecerá cuberta a epígrafe P da páxina 16 da declaración.

d) Cando o traslado de residencia se produza a outro Estado membro da Unión Europea, o contribuínte poderá optar por imputar as rendas pendentes conforme o disposto no  parágrafo anterior ou por presentar, a medida en que se vaian obtendo cada unha das rendas pendentes de imputación, unha autoliquidación complementaria sen sanción, nin xuros de mora, nin recarga ningunha, correspondente ao último período que deba declararse por este imposto. A autoliquidación presentarase no prazo de declaración do período impositivo no que correspondese imputar as ditas rendas en caso de non se producir a perda da condición de contribuínte.

e) Declaración complementaria noutros supostos distintos dos anteriores.

 

 

2-   Resultado das anteriores autoliquidacións correspondentes a 2014

Consignarase ademais, no recadro que proceda, a cantidade para ingresar da anterior declaración ou, se a declaración orixinaria resultou para devolver (excepto cando procedese marcar a letra c) do parágrafo anterior), o importe da devolución sempre que esta xa fose efectuada pola Administración tributaria.