A captura dos datos necesarios para facer a declaración realizarase necesariamente desde a declaración individual de cada contribuínte.
Se desexa optar pola tributación conxunta da súa unidade familiar, o programa xerará a declaración conxunta a partir dos datos introducidos nas declaracións individuais. Non obstante, poderán cubrirse desde a declaración conxunta os seguintes datos:
- Datos referentes ao representante.
- Realización de declaración complementaria.
- Asignación tributaria.
- Conta corrente do documento de ingreso ou devolución.