Nesta epígrafe indicarase:
- NIF DA ENTIDADE
Consignarase o número de identificación fiscal (NIF) da entidade.
- CRITERIO DE IMPUTACIÓN TEMPORAL
Indicarase o criterio de imputación temporal polo que opta o contribuínte consignando a clave que en cada caso corresponda das dúas seguintes:
- Clave 1: imputación temporal no período impositivo seguinte á data en que se produza o peche do exercicio da entidade.
- Clave 2: imputación na mesma data en que se produza o peche do exercicio da entidade.
- IMPUTACIÓN DE BASES IMPOÑIBLES E DEDUCIÓNS
Os contribuíntes imputarán a base impoñible positiva ou negativa obtida pola entidade e as bases das deducións e bonificacións na proporción que resulte da escritura de constitución da entidade e, no seu lugar, por partes iguais.
As deducións e bonificacións imputaranse conxuntamente coa base impoñible.
Con excepción da dedución por creación de emprego, da que, se é o caso, se consignará directamente o importe deducible imputado, as imputacións das demais deducións expresaranse en termos de bases de cálculo. Para os efectos de cubrir a declaración, o importe da dedución deberá consignarse, ademais, nos recadros seguintes:
- A dedución relativa a rendas obtidas en Ceuta ou Melilla no recadro 654 do anexo A.2 da declaración.
- A dedución por dobre imposición internacional no recadro 583 da páxina 15 da declaración.
- As deducións por investimento empresarial e a dedución por creación de emprego na súa epígrafe correspondente do anexo A.2 e A.3 "Deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial".
- A dedución por rendementos de bens corporais producidos en Canarias no recadro 558 da páxina 15 da declaración.
- IMPUTACIÓN DE RETENCIÓNS E PAGAMENTOS Á CONTA
Nesta epígrafe consignaranse as retencións e pagamentos á conta correspondentes á entidade na mesma proporción que corresponda á súa participación nesta.