Deberá cubrir as seguintes epígrafes.
- NIF DA ENTIDADE
Consigne o número de identificación fiscal (NIF) da entidade en réxime de atribución de rendas cuxas rendas atribuídas se deban incluír nesta epígrafe e da que o contribuínte é socio, comuneiro ou partícipe (recadro 182).
As entidades non residentes que carecen de NIF consignarán no recadro 182 o número de identificación que teñan asignado as citadas entidades no país de residencia, e marcarán cunha X o recadro 183 para indicar esta circunstancia.
- PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN DO CONTRIBUÍNTE NA ENTIDADE
Consignarase neste recadro, expresada con dous decimais, a porcentaxe de participación que ten o socio, partícipe ou comuneiro na entidade en réxime de atribución de rendas.
- RENDAS ATRIBUÍDAS
Consignarase o rendemento neto atribuído nos recadros correspondentes en función da fonte de onde proceda: rendementos do capital mobiliario, distinguindo aqueles que hai que integrar na base impoñible xeral ou do aforro, rendementos do capital inmobiliario, rendementos de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais, distinguindo, así mesmo, dentro destas últimas as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.
Consignarase tamén, se é o caso, o importe das reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.
Atención
As rendas correspondentes ao réxime especial de imputación de rendas inmobiliarias deberán declararse na epígrafe "Bens inmobles á disposición dos seus titulares" (epígrafe C da páxina 4 da declaración).
Rendementos do capital mobiliario para integrar na base impoñible xeral
Deberá facilitar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.
Rendementos do capital mobiliario para integrar na base impoñible do aforro:
Deberá facilitar a seguinte información:
- Se parte do rendemento atribuído correspondese a dividendos ou asimilados susceptibles de exención deberá indicar o importe íntegro atribuído correspondente a estes e, se é o caso, os gastos de administración e depósito dos valores dos que derivan os dividendos.
- Seguidamente deberá facilitar o resto dos rendementos netos de capital mobiliario sen incluír os dividendos facilitados na epígrafe anterior.
- Deberá distinguir os rendementos de capital mobiliario derivados de débeda subordinada ou de participacións preferentes (diferenciando os rendementos positivos dos negativos) dos que non deriven deste tipo de produtos.
Rendementos do capital inmobiliario (inmobles arrendados ou cedidos a terceiros)
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá facilitar o rendemento neto atribuído pola entidade en atribución de rendas e, se é o caso, as reducións e minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.
Se o rendemento neto atribuído menos as reducións e minoracións aplicables, se é o caso, é inferior ao rendemento mínimo computable en caso de parentesco, deberá indicar na epígrafe da ventá de referente a "Rendemento neto atribuído" o rendemento mínimo en caso de parentesco e non incluír ningún dato en "Reducións e minoracións".
Deberá relacionar tamén os inmobles arrendados ou cedidos a terceiros, indicando os seguintes datos, que aparecerán reflectidos posteriormente no modelo de declaración na epígrafe "Relación de bens inmobles arrendados ou cedidos a terceiros por entidades en réxime de atribución de rendas" da epígrafe C da páxina 4 da declaración:
- Titularidade: indicarase a porcentaxe na titularidade do inmoble como consecuencia da participación na entidade.
- Natureza: indicarase se o inmoble ten natureza rústica ou urbana.
- Situación: seleccionarase a clave que corresponda á situación do inmoble entre as que aparecen no despregable da ventá.
- Referencia catastral: recollerase nesta epígrafe a referencia catastral do inmoble que consta no recibo do imposto de bens inmobles que lle corresponde a este.
Rendementos de actividades económicas: deberá elixir o réxime de determinación do rendemento neto e consignar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.
Redución por inicio de actividade (para estimación directa): deberá indicar na ventá de captura de datos o rendemento neto atribuído diminuído nas reducións e minoracións aplicables, sen incluír a redución por mantemento ou creación de emprego (esta redución consignarase na ventá de captura de datos seguinte).
Redución por mantemento ou creación de emprego: deberá indicar na ventá de captura de datos se ten dereito á redución e o importe das retribucións que proporcionalmente lle corresponden ao contribuínte indicando no recadro correspondente a dita cantidade.
Ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2014: deberá indicar nos recadros correspondentes as ganancias e/ou perdas patrimoniais atribuídas pola entidade, distinguindo as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial por un lado e, dentro destas, as que procedan dun período de xeración inferior ou superior a un ano.
Deberá distinguir tamén, e dentro do apartado de ganancias e perdas patrimoniais con período de xeración de máis dun ano, as ganancias que deriven da transmisión de valores por operacións de débeda subordinada e participacións preferentes das que non deriven deste tipo de produtos, distinción que se terá en conta no caso de perdas.
- RETENCIÓNS E INGRESOS Á CONTA ATRIBUÍDOS
Consignaranse as retencións e ingresos á conta atribuídos. O programa trasladará o importe ao recadro 594 da páxina 16 da declaración.