FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > COTA LÍQUIDA E COTA RESULTANTE DA AUTOLIQUIDACIÓN > DEDUCIÓN POR MATERNIDADE (art. 81 da lei)

FORMA DE CUBRIR

 

Os datos necesarios deben reflectirse no recadro 606 da epígrafe “N. Cálculo do imposto e Resultado da declaración".

Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá facilitar a información necesaria para calcular o importe da dedución por maternidade:

 

1º Deberá indicar na epígrafe correspondente da ventá o período en que realiza unha actividade por conta propia ou allea, marcando os meses do ano 2014 nos que realiza a actividade. Se a actividade se realizase durante todo o ano, deberá marcar unha X no recadro indicado ao inicio da ventá.

2º Deberá indicar tamén o importe das cotizacións á Seguridade Social (ou mutualidade alternativa) en cada mes do exercicio 2014. Non obstante, se as cotizacións de cada mes son iguais ou superiores a 100 euros, non será necesario consignalas, senón que deberá marcar cunha X o recadro establecido para o efecto.

3º Unha vez cubertas as epígrafes anteriores, nos supostos de acollemento ou tutela, se existen varios acolledores ou titores con dereito á dedución, deberá indicar o número de persoas con dereito á dedución.

4º Se percibiu cantidades en concepto de pagamento anticipado da dedución, deberá consignar o importe total percibido no exercicio 2014.