FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA > DEDUCIÓN POR INVESTIMENTO EN VIVENDA HABITUAL (RÉXIME TRANSITORIO)

--FORMA DE CUBRIR

 

A través dunha ventá de captura de datos, o programa calculará o importe da dedución por adquisición de vivenda habitual nas diferentes modalidades de investimento.

 

Consignaranse as cantidades investidas en vivenda habitual, segundo as seguintes modalidades de investimento:

 

1)   DATOS RELATIVOS AO CÁLCULO DA DEDUCIÓN

 

 

1.1) ADQUISICIÓN DA VIVENDA HABITUAL

 

a)   Data de adquisición

Indicarase a data de adquisición da vivenda habitual.

 

b)   Cantidades investidas na adquisición con dereito a dedución

Indicaranse as cantidades investidas no exercicio 2014 con dereito a dedución.

O importe máximo dos investimentos con dereito a dedución (incluídos, se é o caso, os investimentos por construción ou conta vivenda) será de 9.040 euros anuais.

Se existise exceso sobre este importe, non poderá trasladarse a exercicios futuros.

 

 

 

 

1.2) OUTROS CONCEPTOS

 

CONSTRUCIÓN, REHABILITACIÓN OU AMPLIACIÓN DA VIVENDA HABITUAL

 

Indicaranse as cantidades investidas no exercicio con dereito a dedución, destinadas á rehabilitación, construción ou ampliación da vivenda habitual, con ou sen financiamento alleo.

 

 

2) DATOS ADICIONAIS DE CARÁCTER INFORMATIVO

 

-   Número de identificación do préstamo hipotecario

Ademais, se a adquisición se efectuou, total ou parcialmente, con financiamento alleo e este consiste exclusivamente nun único préstamo hipotecario, débese consignar o seu número de identificación e indicar o que corresponda ao vixente o 31 de decembro de 2014 se se cambiou de préstamo durante o exercicio.

 

-   Porcentaxe do préstamo hipotecario que se destina á adquisición

No suposto de que o capital do préstamo hipotecario non se destinase na súa totalidade á adquisición da vivenda, deberá indicar exclusivamente a porcentaxe que efectivamente se destinou á adquisición.

 

-   Pagamentos efectuados ao promotor ou construtor

 

Así mesmo, ademais de indicar, na epígrafe da ventá correspondente a rehabilitación, construción ou ampliación, as cantidades investidas con dereito a dedución, deberá facilitar tamén, se é o caso, os pagamentos realizados directamente ao promotor ou construtor con independencia de que dean dereito a dedución.

Tamén deberá indicar o NIF do promotor ou construtor da vivenda, que o programa trasladará ao recadro 635.