DATOS PERSOAIS E FAMILIARES > FILLOS E OUTROS DESCENDENTES

FILLOS INTEGRANTES DA UNIDADE FAMILIAR QUE PERCIBIRON RENDAS

 

Neste parágrafo relacionaranse exclusivamente os fillos que formen parte da unidade familiar e sexan perceptores de rendas suxeitas e non exentas do imposto.

O programa só admite un máximo de catro fillos perceptores de rendas.

 

 

Na ventá de captura de datos deberá facilitar a seguinte información:

 

-   APELIDOS, NOME E NIF DOS FILLOS

 

Consignaranse os dous apelidos, o nome e o NIF de cada un dos fillos relacionados.

 

 

Atención:

-   En todo caso, será necesario incluír o NIF dos fillos maiores de 14 anos.

-   No caso de declaración conxunta, cando se inclúan rendas pertencentes a descendentes menores de 14 anos, será necesario tamén indicar o seu NIF.

-   Para poder imprimir os modelos oficiais das declaracións individuais dos fillos, o programa esixe ter indicado necesariamente o NIF dos fillos.

 

 

-   DATA DE NACEMENTO

 

Indicarase o día, mes e ano de nacemento de cada unha das persoas relacionadas.

 

 

-   VINCULACIÓN

 

Consignarase no recadro “Vinculación” a clave que corresponda das que se indican a continuación:

 

"A"= Fillo común ao "Primeiro declarante" e ao "Cónxuxe".

No impreso de declaración non se visualizará ningunha clave no recadro "Vinculación".

 

"B"= Fillo exclusivamente do "Primeiro declarante", sempre que este non conviva tamén co outro proxenitor.

No impreso de declaración visualizarase a clave numérica 1 na declaración conxunta e na declaración individual do "Primeiro declarante".

 

"C"= Fillo exclusivamente do "Cónxuxe", sempre que este non conviva tamén co outro proxenitor.

No impreso de declaración visualizarase a clave numérica 2 na declaración conxunta e a clave numérica 1 na declaración individual do "Cónxuxe".

 

"D"= Fillo do "Primeiro declarante" cando o dito fillo tamén convive co outro proxenitor.

Utilizarase esta clave nos seguintes supostos:

 

1.   Se non existe matrimonio entrambos os proxenitores ou nos casos de separación legal ou divorcio cando ademais a garda e custodia dos fillos está compartida.

2   No suposto de que un dos proxenitores falecese no exercicio e os fillos convivisen con ambos os proxenitores ata a data do seu falecemento, o cónxuxe supérstite deberá consignar esta clave. Non obstante, na declaración do cónxuxe falecido deberá consignarse a clave "A".

  No caso de indicar esta clave “D”, deberá consignar tamén o NIF do outro proxenitor.

 

No impreso de declaración visualizarase a clave numérica 3 na declaración conxunta e na declaración individual do "Primeiro declarante".

 

"E" = Fillo exclusivamente do "Cónxuxe" cando o dito fillo tamén convive co outro proxenitor, incluídos os supostos de garda e custodia compartida entrambos os proxenitores.

No impreso de declaración visualizarase a clave numérica 4 na declaración conxunta e a clave numérica 3 na declaración individual do "Cónxuxe”.

No caso de indicar esta clave “D”, deberá consignar tamén o NIF do outro proxenitor.

 

 

 

SUPOSTOS ESPECIAIS EN UNIÓNS DE FEITO

 

-   Unións de feito con fillos comúns

Nestes casos poderá formar unidade familiar calquera dos proxenitores, á súa elección, con todos os seus fillos. Para cubrir a declaración mediante o programa hai que distinguir:

 

-   Declaración da unidade familiar formada por un dos proxenitores cos fillos:

Identificaranse os fillos comúns a ambos os membros da parella coa clave "D". Ademais, deberá consignarse no recadro "Outras situacións" a clave "3" (ou a clave "4" se o fillo está sometido á patria potestade prorrogada).

 

-   Declaración individual do outro proxenitor:

 

Se a unidade familiar do punto anterior tributa conxuntamente, o outro proxenitor non deberá relacionar os fillos comúns con rendas superiores a 1.800 euros que presenten declaración conxunta co outro membro da parella.

 

Se a unidade familiar do punto anterior non tributa conxuntamente e os fillos con rendas superiores a 1.800 euros tampouco presentan declaración individual, o outro proxenitor relacionará os fillos consignando no recadro "Vinculación" da súa declaración a clave "D".

 

 

-   Falecemento dun dos proxenitores

No suposto de falecemento durante o ano 2014 dun dos proxenitores e sempre que os fillos menores (ou maiores sometidos á patria potestade prorrogada) convivisen con ambos os proxenitores ata a data do seu falecemento, deberá consignarse a clave "D" no recadro "Vinculación" = fillo do "Primeiro declarante" cando o dito fillo tamén convive co outro proxenitor.

 

-   DISCAPACIDADE (grao)

 

En caso de que, considerando a situación existente o día 31-12-2014, algún dos fillos relacionados sexa discapacitado e poida acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, indicarase o grao de discapacidade recoñecido entre os que se indican a continuación:

 

1- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % (para o caso de non estar na situación 2).

 

2- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %, se se acredita que se precisa axuda de terceiras persoas ou que se ten mobilidade reducida.

 

3- Discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %.

 

Polos fillos discapacitados cuxa discapacidade fose declarada xudicialmente deberá indicarse como mínimo un grao de discapacidade do 65 por 100, aínda que non alcancen o dito grao.

 

 

 

-   OUTRAS SITUACIÓNS

 

Unicamente se cubrirá o recadro "Outras situacións" cando as persoas relacionadas neste punto se encontren nalgunha das situacións especiais que se indican a continuación:

 

 

1-   Descendente distinto dos fillos (neto, bisneto etc.) ou persoa vinculada ao contribuínte por razón de tutela ou acollemento.

 

2-   Fillo ou filla maior de idade incapacitado/a xudicialmente, suxeito/a á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

3-   Fillo ou filla do "Primeiro declarante" cando tamén conviva co outro proxenitor (pai ou nai) sen mediar matrimonio entrambos os proxenitores.

 

4-   Fillo ou filla do contribuínte cando concorran simultaneamente as situacións 2 e 3 anteriores.

 

-   SEXO

 

Deberá marcar cunha X o sexo do "fillo 1" e/ou "fillo 2", “fillo 3”, “fillo 4” (fillos perceptores de rendas).

 

 

-   DATA DE ADOPCIÓN

 

No caso de adopción, indicarase a data (día, mes e ano) en que tivese lugar a inscrición no Rexistro Civil ou, de non ser necesaria a dita inscrición, a data da correspondente resolución xudicial ou administrativa. No caso de fillos adoptados que previamente estivesen acollidos, indicarase ademais a data que corresponda ao acollemento.

 

-   FALECEMENTO DO OUTRO PROXENITOR

 

Marcarase cunha X no caso no que o outro proxenitor falecese con anterioridade ao 31 de decembro de 2014.

 

 

    

-   RENDAS SUPERIORES a 8.000 euros

 

Marcarase este recadro se o fillo membro da unidade familiar percibe rendas anuais superiores a 8.000 euros, excluídas as exentas.

 

 

-   PRESENTA DECLARACIÓN

 

Os fillos que presenten declaración polo imposto con rendas superiores a 1.800 euros non orixinan dereito á aplicación do mínimo familiar por descendentes.

 

Marcarase este recadro se o fillo presenta declaración individual polo imposto con rendas superiores a 1.800 euros.

 

Atención: non deberá relacionar os fillos con rendas superiores a 1.800 euros que presenten declaración conxunta co outro proxenitor nos seguintes supostos:

 

-   Parellas de feito.

-   Separación legal ou divorcio cando ademais a garda e custodia dos fillos está compartida.