EXENCIÓNS (art. 33.4 da lei)

 

Estarán exentas do imposto as ganancias patrimoniais que se poñan de manifesto:

a)   Con ocasión das doazóns que se efectúen ás entidades que orixinan dereito á dedución por donativos regulada no artigo 68.3 da Lei do imposto.

b)   Con ocasión da transmisión da súa vivenda habitual por maiores de sesenta e cinco anos ou por persoas en situación de dependencia severa ou de gran dependencia de conformidade coa Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

c)   Con ocasión do pagamento da débeda tributaria mediante a entrega de bens integrantes do patrimonio histórico español, previsto no artigo 97.3 da Lei do imposto e das débedas tributarias a que se refire o artigo 73 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

d)   Estarán exentas as ganancias patrimoniais que se poñan de manifesto con ocasión da transmisión a partir do 8 de xullo de 2014 de accións ou participacións adquiridas polo  contribuínte entre o 8 de xullo de 2011 e o 29 de setembro de 2013 de empresas de nova ou recente creación, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos na  disposición adicional trixésimo cuarta da Lei do IRPF.

e)   Con ocasión, en determinados supostos, da dación en pagamento da vivenda habitual, decláranse exentas as ganancias patrimoniais:

-   Que deriven da transmisión da vivenda habitual do debedor, ou do garante do debedor.

-   Que a transmisión sexa por dación en pagamento ou en execución hipotecaria xudicial ou notarial.

-   Que sexa para a cancelación de débedas garantidas con hipoteca que recaia sobre a dita vivenda habitual contraídas cunha entidade de crédito ou outra entidade que, de maneira profesional, realice a actividade de concesión de préstamos ou créditos hipotecarios.

-   Será necesario para que estea exenta a ganancia patrimonial que o propietario da vivenda habitual non dispoña doutros bens ou dereitos en contía suficiente para satisfacer a totalidade da débeda e evitar o alleamento da vivenda.

-   A exención ten efectos desde o 1 de xaneiro de 2014 e exercicios anteriores non prescritos.

 

Exención parcial (disposición adicional trixésimo sétima da Lei do IRPF)

 

Estarán exentas nun 50 por 100 as ganancias patrimoniais que se poñan de manifesto con ocasión da transmisión de inmobles urbanos adquiridos a título oneroso a partir do 12 de maio de 2012 e ata o 31 de decembro de 2012.