|
Atención: non será necesario adherir as etiquetas identificativas nas declaracións do imposto sobre a renda que se xeren informaticamente mediante a utilización do módulo de impresión desenvolvido pola Axencia Tributaria, como sucede coas realizadas utilizando este programa.
|
Declaración individual
O contribuínte do imposto sobre a renda das persoas físicas que deba subscribir a declaración, deberá cubrir os datos relativos á súa identificación e o seu domicilio habitual nos espazos reservados para o efecto.
Cando se estea declarando por primeira vez, deberá acompañar os "Exemplares para a Administración" dunha fotocopia do documento acreditativo do número de identificación fiscal (NIF).
Declaración conxunta
No caso de declaración conxunta polo imposto sobre a renda das persoas físicas formulada por unha unidade familiar integrada por ambos os cónxuxes, cada un deles deberá cubrir os datos relativos á súa identificación e o seu domicilio habitual nos espazos reservados para o efecto.
Se algún dos cónxuxes ou ambos estivese realizando a declaración por vez primeira, deberán acompañar os "Exemplares para a Administración" dunha fotocopia ou fotocopias da respectiva tarxeta ou documento acreditativo do número de identificación fiscal (NIF).