ESTIMACIÓN OBXECTIVA

 

Obriga de conservar facturas e xustificantes

 

Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas que determinen o seu rendemento neto mediante o réxime de estimación obxectiva deberán conservar, numeradas por orde de datas e agrupadas por trimestres, as facturas emitidas de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.

 

Igualmente, deberán conservar os xustificantes dos signos, índices ou módulos aplicados de conformidade co que, se é o caso, prevexa a orde ministerial que os aprobe.

 

 

Libro de rexistro de bens de investimento

 

Os contribuíntes acollidos ao réxime de estimación obxectiva que deduzan amortizacións estarán obrigados a manter un libro de rexistro de bens de investimento.

 

 

Actividades agrícolas, gandeiras e forestais

 

Os contribuíntes que desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras ou forestais acollidas ao réxime de estimación obxectiva, cuxo rendemento neto se determine tendo en conta o volume de operacións, deberán manter, ademais, un libro de rexistro de vendas ou ingresos.