ESTIMACIÓN DIRECTA: MODALIDADE SIMPLIFICADA

 

A) ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

 

Para os contribuíntes que desenvolvan actividades empresariais (teñan ou non carácter mercantil), cuxo rendemento se determine na modalidade simplificada do réxime de estimación directa, as obrigas contables limitaranse ao mantemento dos seguintes libros rexistros:

 

a)   Libro de rexistro de vendas e ingresos.

 

b)   Libro de rexistro de compras e gastos.

 

c)   Libro de rexistro de bens de investimento.

 

 

B) ACTIVIDADES PROFESIONAIS

 

Os contribuíntes que exerzan actividades profesionais cuxo rendemento se determine en réxime de estimación directa, en calquera das súas modalidades estarán obrigados a manter os seguintes libros rexistros:

 

a)   Libro de rexistro de ingresos.

 

b)   Libro de rexistro de gastos.

 

c)   Libro de rexistro de bens de investimento.

 

d)   Libro de rexistro de provisións de fondos e suplidos.