FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > REGULARIZACIÓN DE DECLARACIÓNS ANTERIORES

ERROS OU OMISIÓNS EN PREXUÍZO DO CONTRIBUÍNTE

 

Se declarou indebidamente algunha renda exenta do imposto, computou ingresos por importe superior ao debido, esqueceu deducir algún gasto fiscalmente admisible ou omitiu algunha dedución á que tiña dereito e, en consecuencia, o obrigado tributario considera que se produciu un prexuízo dos seus intereses lexítimos, poderá instar a rectificación da autoliquidación nos termos previstos no artigo 120.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e na súa normativa regulamentaria de desenvolvemento.