Poderá realizarse unha
comprobación do estado da declaración no menú Ferramentas Erros e avisos
pendentes ou pulsando a icona correspondente da barra de ferramentas que nos
presentará igualmente unha lista cos avisos
e erros
encontrados.
Se durante esta revisión se encontrase algún tipo de erro, non se permitirá a impresión do modelo oficial (xeración do arquivo PDF (Adobe) ou do ficheiro para presentación telemática).
Facendo unha dobre pulsación de rato sobre o erro ou aviso desexado, o cursor colocarase sobre o campo que produce o erro para poder revisar os datos introducidos.
Se non se presenta ningún erro na lista, poderá imprimir o modelo oficial seleccionado pulsando o botón etiquetado como “Imprimir”. Non obstante, é conveniente que revise os avisos que se lle presentan.