Na epígrafe D da páxina 4 da declaración deberá relacionar aqueles inmobles de natureza urbana que durante todo ou parte do período impositivo estivesen afectos a actividades económicas ou fosen obxecto de arrendamento de negocios. Indicarase a través dunha ventá de captura de datos, a porcentaxe de titularidade no inmoble, a natureza, a clave de situación e, se é o caso, a referencia catastral.
Cando a titularidade do inmoble afecto ou obxecto de arrendamento de negocio corresponda a unha entidade en réxime de atribución de rendas, todos e cada un dos contribuíntes que sexan membros ou partícipes da entidade deberán relacionar o dito inmoble na epígrafe D, indicando a porcentaxe de participación que lle corresponda na titularidade deste.