FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > RÉXIMES ESPECIAIS > IMPUTACIÓNS DE RENDAS POSITIVAS NO RÉXIME DE TRANSPARENCIA FISCAL INTERNACIONAL > FORMA DE CUBRIR
ENTIDADES NON RESIDENTES E CONTRIBUÍNTES PARTÍCIPES

 

Están obrigados á correspondente imputación os contribuíntes que participen directamente na entidade non residente ou ben indirectamente a través doutra ou doutras entidades non residentes. Neste último caso, o importe da renda positiva será o correspondente á participación indirecta.

 

 

-   DENOMINACIÓN DA ENTIDADE NON RESIDENTE PARTICIPADA

 

Consignarase a denominación ou razón social da entidade non residente cuxas imputacións se deban incluír na declaración.